CRTVG

Buscar

Galicia levanta o peche perimetral e ábrese a Portugal e comunidades limítrofes

Publicado o 09/05/2021 19:59

As fronteiras en Galicia son permeables, un espazo de intercambio e enriquecemento; por iso estes case oito meses en que a pandemia obrigou ao peche perimetral houbo moitos concellos que sentiron, se cabe aínda máis, este illamento obrigado traducido na separación de amizades e familias, que foi en detrimento das relacións comerciais das que viven, en boa parte, algunhas vilas fronteirizas. Comezando por Tui, fronteira con Portugal.

Son datos semellantes aos que se manexan en Ribadeo, onde tamén se calcula que o peche da fronteira con Asturias reduciu á metade a facturación nos comercios, como nos conta este xoieiro.

A terceira fronteira galega é con Castela e León. Sen dúbida Pedrafita, tan afeita á chegada diaria de milleiros de persoas ao Cebreiro, foi un dos lugares onde máis se notou a pandemia. Pero non só polos peregrinos.

Todos os rexedores cadran ao comentar que entre os pobos veciños hai moito máis ca un vencello económico.

O clima non acompañou moito neste primeiro día de recuperada irmandade, pero percibíase ledicia e esperanza xeneralizada.