CRTVG

Buscar

Galicia seguirá coa vacinación con AstraZeneca porque "é segura e eficaz"

Publicado o 19/03/2021 13:30
Galicia seguirá coa vacinación con AstraZeneca porque "é segura e eficaz"

Galicia retomará a vacinación con AstraZeneca, que fora suspendida en varios países por supostas reaccións adversas. O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, subliñou que a EMA viña de certificar que a vacina é "segura e eficaz".

Ademais, o conselleiro dixo que Galicia está "preparada para seguir co plan de vacinación" e conseguir que chegue canto antes "ao maior número de galegos e galegas".