CRTVG

Buscar

Galicia segue aumentando os casos activos, aínda que reduce os novos positivos

Publicado o 19/04/2021 10:10

• As hospitalizacións aumentan ata as 199, con 33 persoas nas UCI

• A positividade baixa respecto aos últimos días: 1,63 %

• Vigo lidera os casos activos, cos contaxios medrando de xeito constante

Galicia segue aumentando os casos activos, aínda que reduce os novos positivos

A curva de casos activos continúa coa súa tendencia ascendente. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.767 casos activos en Galicia, 74 máis ca onte, tras 154 novos positivos, 134 a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 677 (+4)

Vigo: 732 (+26)

Ourense: 226 (+6)

Santiago: 370 (+2)

Lugo: 205 (+13)

Pontevedra: 448 (+20)

Ferrol: 109 (+3)

Aumenta lixeiramente a presión asistencial

No que respecta á situación nos hospitais galegos, hai 199 persoas ingresadas, a cifra máis alta en dúas semanas: 166 en planta (+4) e 33 nas UCI (+3). 

Onte o Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da doenza. Así, van 2.373 vítimas no que vai de pandemia en Galicia.

Baixa a positividade

Das 8.241 probas PCR realizadas, deron positivo 134, o que implica unha taxa de positividade do 1,63 %, algo menos que os valores rexcistrados os últimos días, por riba do 2 %. 

 

Mapas de incidencia por concellos