CRTVG

Buscar

Galicia rexistrou en marzo un 80% menos de precipitacións respecto ao valor climático normal

Publicado o 12/04/2021 19:41
Galicia rexistrou en marzo un 80% menos de precipitacións respecto ao valor climático normal

Galicia rexistrou un mes de marzo anormalmente seco. As precipitacións rexistradas estiveron un 80% por baixo dos valores climáticos habituais.

Marzo, segundo Meteogalicia, estivo caracterizado por frecuentes situacións anticiclónicas e ademais as poucas borrascas que chegaron á nosa comunidade fixérono con escasa actividade.

A precipitación media acumulada foi de tan só 25 litros por metro cadrado, mentres as temperaturas non se afastaron da media para esta época do ano fixada nuns 11 graos.

Noticias web

12/04/2021