CRTVG

Buscar

Galicia rexistra o mércores un falecido e 21 casos activos máis da covid−19

Publicado o 16/09/2020 20:22

• As maiores subas de casos activos, nas áreas de Pontevedra (+25) e Vigo (+14)

• A que máis baixa é a de Santiago (-14) 

A Consellería de Sanidade confirmou esta tarde o falecemento dunha muller de 77 anos que estaba ingresada no Hospital Polusa e presentaba patoloxías previas. O número de falecidos en Galicia dende o incio da pandemia ascende, pois, a 697.

Galicia rexistra 4.322 casos activos este mércores, segundo a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón 21 máis ca onte. Por outra banda, hai 201 novos contaxios.

Os casos activos repártense por áreas sanitarias do seguinte xeito: 

• 1.237 (-9) na Coruña

• 781 (+9) en Lugo

• 500 (-3) en Ourense

• 577 (+25) en Pontevedra

• 387 (+14) en Vigo

• 659 (-14) en Santiago

• 181 (-1) en Ferrol

No tocante a hospitalizacións, hai 29 (-1) persoas na UCI, 211 (-9) en unidades de hospitalización e 4.082 (+31) en seguimento domiciliario. En Galicia curaron 15.829 persoas e realizáronse 405.798 probas PCR.