CRTVG

Buscar

Galicia rexistra dúas novas mortes e eleva a cifra a 2.405 vítimas pola covid-19

Publicado o 17/05/2021 20:17
Galicia rexistra dúas novas mortes e eleva a cifra a 2.405 vítimas pola covid-19

O Sergas confirmou esta tarde dous novos falecidos diagnosticados con coronavirus en Galicia. Onte faleceu un home de 72 anos no CHUAC e outro de 74 no CHUVI. Os dous tiñan patoloxías previas, segundo confirmou a consellería de Sanidade.

Con estas dúas mortes, Galicia suma 2.405 vítimas mortais desde que comezou a pandemia.

Noticias web

17/05/2021