CRTVG

Buscar

Galicia rexistra a maior baixada de casos activos do último mes

Publicado o 03/05/2021 10:12

• A pesar do descenso, mantense estable a presión hospitalaria

• Baixan os casos en todas as áreas, agás en Pontevedra

Galicia rexistra a maior baixada de casos activos do último mes

Mellora levemente a situación en Galicia. Unha baixada importante no número de positivos detectados fai que Galicia rexistre a maior redución de casos activos nun mes: hai 3.030 persoas diagnosticadas de covid-19, 76 menos ca onte.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 695 (-15)

Vigo: 906 (-39)

Ourense: 266 (-3)

Santiago: 363 (-1)

Lugo: 214 (-14)

Pontevedra: 491 (=)

Ferrol: 95 (-4)

Estabilidade na presión asistencial

No tocante á situación nos hospitais galegos, permanece o mesmo número de pacientes ingresados (214): 164 en planta (+1) e 50 nas UCI (-1).

Outro dato favorable é que onte non se rexistrou ningunha morte por mor do coronavirus. A cifra global de vítimas da pandemia é de 2.390 persoas.

Menos positivos detectados

Segundo os datos do Sergas, calcúlase que houbo 103 casos novos detectados, dos cales 86 foron diagnosticados cunha proba PCR. Esas 86 representan un 1,34 % das 6.418 probas PCR realizadas, 86 deron positivo onte ata as 18:00 (hora de peche dos datos), o que significa unha baixada da positividade, que semella manterse, polo momento, nos últimos dous meses por debaixo do limiar do 3 % e do 4 % con facilidade.

Mapas de incidencia por concellos