CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 58 novos casos activos de coronavirus e un falecido nas últimas horas

Publicado o 09/08/2020 11:37

• Falece unha muller de 83 anos, ingresada no hospital da Mariña 

• 302 positivos na área da Coruña, máis da metade do total de Galicia

• Entre os contaxiados en residencias hai 3 usuarios e 2 profesionais

Galicia rexistra este domingo 591 casos activos de coronavirus, 58 máis ca o sábado. A Coruña segue a ser a área sanitaria con máis casos activos, sumando 56 nas últimas horas. O número de falecidos ascende a 621, tras coñecerse a morte dunha muller de 83 anos que estaba ingresada no hospital da Mariña e que tiña patoloxías previas.

O reparto dos casos activos por áreas sanitarias é o seguinte:

• A Coruña: 302 (+56)

• Lugo: 74 (-5)

• Ourense: 41 (+4)

• Pontevedra: 43 (-1)

Vigo: 83 (+2)

Santiago: 41 (+1)

Ferrol: 7 (+1)

Entre os contaxiados en residencias hai 3 usuarios e 2 profesionais. No tocante a hospitalizacións, hai 2 persoas na UCI, unha menos ca onte. Son 23 as persoas que están en unidades de hospitalización e 566 nos seus domicilios. En Galicia hai polo de agora 11.428 persoas curadas e realizáronse 264.202 probas PCR.