CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 3.600 pernoitas máis no mes de febreiro que hai un ano

Publicado o 01/04/2019 19:09

Galicia rexistrou durante o mes de febreiro a demanda máis alta dos últimos nove anos durante ese mes. Segundo datos do Instituto Nacional Estatística as pernoitas en establecementos regrados en Galicia medraron en febreiro un 1 por cento. Supera a media española, onde as pernoitas baixaron case un punto.

Rexistráronse 3.600 noites máis respecto a hai un ano que elevan a 352.000 as pernoitas totais na comunidade. Tamén medrou a estadía media dos turistas en case un 2%. Este é o segundo ano consecutivo en que se rexistra un crecemento da demanda turística en febreiro, acadando valores moi similares aos do Ano Santo 2010.

Noticias web

01/04/2019