CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 200 casos activos menos ca este sábado e diminúen os ingresos

Publicado o 19/09/2021 10:27

A evolución da pandemia en Galicia continúa sendo positiva, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade. Nestes momentos, hai 2.194 casos activos, o que supón case 200 menos ca este sábado. 

En canto ás infeccións detectadas ata as 6 da tarde de onte, hai 75 positivos novos e ningunha área sanitaria supera os 20 contaxios. A Coruña (17) e Vigo (16) son as que máis rexistran, seguidas de Ourense (14) e Lugo (13), onde descenderon a menos da metade. Santiago (9), Ferrol (4) e Pontevedra (2) non chegan aos 10.

A situación hospitalaria tamén segue mellorando e hai menos dun cento de pacientes ingresados, algo que non ocorría dende mediados de xullo. As persoas en críticos baixan a 26 (-2) e en planta a 71 (-8).