CRTVG

Buscar

Unha nova morte eleva a 2.391 os falecidos por covid−19 en Galicia

Publicado o 03/05/2021 19:53
Unha nova morte eleva a 2.391 os falecidos por covid−19 en Galicia

O Servizo Galego de Saúde notificou o falecemento onte dun home que fora diagnosticado con coronavirus. Así, a cifra total de mortes ascende a 2.391 desde o inicio da pandemia en Galicia.

O home, de 62 anos, faleceu este domingo no CHUVI e, segundo indica Sanidade, padecía patoloxías previas.