CRTVG

Buscar

Galicia refórzase con dous hospitais de campaña

Publicado o 01/04/2020 20:55

Na Coruña e en Santiago xa empezaron os traballos para habilitar dous hospitais de campaña por se fosen necesarios para atender casos de coronavirus. Terán capacidade para unhas 450 camas. 

Tecnicos do Sergas revisaron este mercores as instalacions de Expocoruña e a do Multiusos do Sar en Santiago, onde se van instalar os dous hospitais de campaña programados polo Sergas. O mais grande sera o da Coruña, con 300 camas de hospitalizacion.

No de Santiago poderase atender 150 pacientes. O Sergas di que de momento os hospitais galegos non estan saturados, pero habilitan estes recintos por se no pico da pandemia fose necesario desonxestionar as plantas dos hospitais.

En caso de necesidade, instalariase outro hospital de campaña en Vigo, no IFEVi

Noticias web

01/04/2020