CRTVG

Buscar

Galicia reduciu as exportacións un 7,1 % ata novembro, case catro puntos menos que a media do Estado

Publicado o 27/01/2021 14:15

Galicia recupera o ritmo das exportacións tras as fortes caídas provocadas pola crise sanitaria da covid-19. Faino, sobre todo, grazas a sectores estratéxicos como a automocion e a alimentación. Entre xaneiro e novembro de 2020 as vendas galegas ao exterior sufriron unha caída media do 7,1 por cento. Son case catro puntos menos que na media do Estado, cuxas exportacións se reduciron un 10,9 por cento. 

"Se collemos un balance dos 5 primeiros meses do ano 19 a caída era do 24,5 por cento. Con todo, a peche de novembro é do 7,1, é dicir, a evolución é claramente favorable á espera dos datos de decembro", di Fernando Guldrís, director do  Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). 

 

Noticias web

27/01/2021