CRTVG

Buscar

Galicia reduce os casos de covid-19 e as hospitalizacións mantéñense estables

Publicado o 22/03/2021 10:10

• As UCI baixan ata as 49, a cifra máis baixa en tres meses

• Repuntan os casos nas áreas de Vigo (+14) e Pontevedra (+8)

• Os casos activos baixan do milleiro na área da Coruña

 

Galicia reduce os casos de covid-19 e as hospitalizacións mantéñense estables

A curva de casos activos continúa descendendo, aínda que a un ritmo menor que hai dúas semanas. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.481 persoas con covid-19 no país (-38), logo de 103 novos casos detectados, 92 a través de probas PCR.

Por áreas sanitarias, o resultado é o seguinte:

A Coruña: 959 (-39)

Vigo: 500 (+14)

Pontevedra: 208 (+8)

Santiago: 271 (-9)

Lugo: 193 (-5)

Ferrol: 197 (-6)

Ourense: 153 (-1)

Estabilidade nos hospitais

No que respecta á presión asistencial, as cifras son moi semellantes ás de onte: hai 264 persoas ingresadas pola covid-19 en Galicia, das cales 215 están en planta (=) e 49, nas UCI (-2). Había tres meses que Galicia non baixaba do limiar das 50 hospitalizacións.

Onte o Sergas notificou o pasamento dun paciente de covid-19 na residencia Coviastec de Silleda. Con este falecemento son 2.320 as vítimas no que vai de pandemia en Galicia.

Positividade á baixa

Segunda xornada consecutiva en que se realizaron pouco máis de 3.000 probas PCR, 3.330. Son cifras que contrastan coas de semanas anteriores, que adoitaban andar nas 6.000. Das 3.330 deron positivo só 92, o que revela unha taxa de positividade do 2,76 %, algo menos que o 3,22 % de onte.

Mapas de incidencias por concello