CRTVG

Buscar

Galicia reduce os casos activos e as hospitalizacións (-19) por mor do coronavirus

Publicado o 11/05/2021 10:10

• Só soben os casos nas áreas de Santiago e Lugo

• A taxa de positividade volve caer e sitúase no 1,25 %

Galicia reduce os casos activos e as hospitalizacións (-19) por mor do coronavirus

Mellora a situación da pandemia respecto a onte. Hai, segundo o Sergas, 2.977 persoas con covid−19, sete menos ca o día anterior, tras 121 novos positivos, dos cales 103 foron detectados mediante probas PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña:690 (-19)

Vigo: 825 (=)

Ourense: 246 (-7)

Santiago: 422 (+16)

Lugo: 226 (+4)

Pontevedra: 481 (-1)

Ferrol: 87 (=)

Importante baixada de casos activos

A situación nos hospitais galegos é mellor hoxe ca onte. De feito, é a mellor das últimas dúas semanas e media. Descendemos do limiar das 200 persoas ingresadas tras un balance favorable de 19 pacientes entre ingresos e altas. Hai, polo de agora, 147 persoas en planta (-16) e 43 nas UCI (-3).


Por terceira xornada consecutiva, non hai que lamentar mortes por mor do coronavirus no país. Foron 2.394 persoas as que faleceron no que vai de pandemia.

Cae a positividade de novo

Tamén melloran os datos relativos á taxa de positividade. Das 8.187 probas realizadas (1.011), 103 deron positivo, o que revela unha taxa de positividade do 1,25 %, a cuarta parte do 5 %, limiar máximo recomendado pola OMS para dar por controlada a pandemia. 

Mapas de incidencia por concellos

Noticias web

11/05/2021