CRTVG

Buscar

Galicia reclutará voluntarios entre os máis novos para probar as vacinas de Janssen e Pfizer

Publicado o 01/04/2021 13:14
Galicia reclutará voluntarios entre os máis novos para probar as vacinas de Janssen e Pfizer

Coa vista posta en estender a vacinación ao colectivo dos máis novos  vanse reclutar en Galicia voluntarios para probar as vacinas da covid en nenos. O servizo de pediatría do Chus en Santiago participará nestes ensaios clínicos que se farán en primero lugar cos preparados de Janssen e Pfizer.

Serán 50 os nenos que participarán na primeira quenda, todos sanos e con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos. Vaise comprobar a seguridade das vacinas e a resposta inmunitaria fronte ao virus. Máis adiante se retrasará a idade dos voluntarios ata os 5 anos.

Noticias web

01/04/2021

Máis sobre Santiago de Compostela