CRTVG

Buscar

Galicia recibiu un 4,3% máis de turistas este verán

Publicado o 03/10/2019 14:53

A Xunta fixo balance do turismo no verán. Galicia foi a segunda comunidade en que máis medrou a demanda turística nos meses de xullo e agosto. Recibimos máis dun millón e medio de visitantes, un 4,3% máis ca o ano pasado.

E récord tamén na facturación: o sector hoteleiro acadou a maior cifra de ingresos da súa historia, ao chegar aos 98 millóns de euros.

 

Noticias web

03/10/2019