CRTVG

Buscar

Galicia recibiu 2,3 millóns de turistas ata setembro

Publicado o 25/10/2021 15:04

No Camiño do Norte a Santiago érguese esta xoia do barroco galego, onde os monxes da orde cisterciense do Mosterio de Sobrado seguen dando acubillo aos peregrinos. O albergue é un dos dez da rede pública de albergues da Xunta nesta ruta, ten 98 prazas e acaba ser remodelado con mobles deseñados exclusivamente para este lugar que é Patrimonio da Humanidade. Durante unha visita ás novas instalacións o presidente da Xunta dixo que no que levamos de ano 160.000 peregrinos xa selaron a Compostela e destacou a boa evolución dos datos tuísticos.

"Entre xaneiro e setembro chegaron a Galicia 2,3 millóns de viaxeiros e tivemos máis 5 millóns de pernoitas. Somos a segunda comunidade autónoma en número de noites e a terceira de España en número de viaxeiros.

O presidente lembrou que a Xunta leva investidos 1,5 millóns na conservación deste mosteiro. 

Noticias web

25/10/2021