Galicia recibirá 441 millóns do fondo europeo para reactivar a economía tras a covid
Publicado o 29/12/2020 16:37
Galicia recibirá 441 millóns do fondo europeo para reactivar a economía tras o impacto da covid. É a sétima comunidade na asignación de investimentos, cun 4,4 % do total. As máis beneficiadas son Andalucía, con case un 19 %, e Cataluña, co 17 %.
Vemos tamén a comparativa en relación coa poboación. Cada galego recibirá 163 euros de media en investimentos. No alto da táboa están os canarios con 292 euros e os cataláns con 225 euros por habitante.