Galicia propón poñer á vez a vacina da gripe e a terceira dose da covid a maiores de 80
EP
Galicia levou á comisión de Saúde Pública, con paso previo ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), a posibilidade de inocular á vez a vacina da gripe e a dose de reforzo contra a covid−19 aos maiores de 80 anos na próxima campaña invernal.
En declaracións aos medios en Burela, o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña explicou que o Sergas é partidario de "avaliar a conveniencia" de "combinar" as dúas doses. Esta cuestión considerouse agora que tamén hai que decidir se se inocula a terceira dose ao colectivo de máis de 80 anos.
Comesaña apuntou que esta posibilidade hai que analizala en detalle, porque ten "proles e contras", pero Galicia entende que é necesario estudala. A idea "deriva probablemente da dispersión" de poboación e permitiría, se sae adiante, "aproveitar o esforzo" de vacinación da gripe. "É unha proposta que fixemos e está pendente de avaliación no relatorio de vacinas", certificou o titular da carteira sanitaria.