CRTVG

Buscar

Galicia prevé administrar 12.200 vacinas cada semana

Publicado o 04/01/2021 16:55
Galicia prevé administrar 12.200 vacinas cada semana

A Xunta prevé administrar 12.200 vacinas cada semana, reservando un terzo para garantir a segunda dose que implica un tempo de espera de 21 días con respecto á primeira, segundo avanzou este luns Sanidade tras a reunión do comité clínico que asesora á administración autonómica na xestión da pandemia.

O Goberno galego subliña que está previsto vacinar "todos os días". En caso de que a administración do antíxeno vaia "a bo ritmo", o día 6, festividade de Reis, non habería inoculación, pero "se é necesario, si". 

Noticias web

04/01/2021