CRTVG

Buscar

Galicia presenta oito proxectos para captar fondos europeos de recuperación económica

Publicado o 04/02/2021 16:10

Falámoslles agora dos proxectos galegos para captar fondos europeos para a recuperación económica, os chamados Next Generation. A Xunta, 30 empresas e centros tecnolóxicos presentaron no Ministerio de Industria oito iniciativas público-privadas para que o Goberno as inclúa na proposta española. De executárense, mobilizarían tres mil millóns e crearían preto de 30.000 empregos.

A candidatura galega en materia de industria inclúe os catro xa anunciados como proxectos tractores, que son un centro de residuos, unha planta de hidróxeno verde, unha fábrica de fibra téxtil a partir de madeifra e enerxía renovable para abastecelos, eses catro, diciamos, máis outras tantas iniciativas: cadeas loxísticas, un centro de investigación, laboratorios dixitais e un plan para a recuperación da terra agraria.

A Xunta di que estes proxectos buscar transformar a economía galega e xerar emprego.

Para impulsar e axilizar a tramitación dos proxectos créase unha sociedade publico-privada liderada pola Xunta.

Noticias web

04/02/2021