CRTVG

Buscar

Galicia presenta 32 proxectos de mobilidade por 1.800 millóns aos fondos europeos

Publicado o 20/04/2021 13:38

Os 32 proxectos, 11 privados e 21 públicos, para a mobilidade sostible de Galicia parécenlle ao presidente da Xunta "sólidos", ben presentados e acordes ás prioridades da Unión Europea para acceder aos fondos Next Generation.

"Que pretendemos con estes proxectos? Abranguer unha nova mobilidade, unha mobilidade máis limpa, unha mobilidade máis intelixente, unha mobilidade máis intelixente e unha mobilidade máis segura", explicou Alberto Núñez Feijóo.

En conxunto, os proxectos galegos que optan aos fondos europeos no transporte sostible chegan aos 1.800 millóns de euros de investimento público e privado.

Noticias web

20/04/2021