CRTVG

Buscar

Galicia presenta 108 proxectos para conseguir fondos europeos de reconstrución

Publicado o 15/12/2020 16:31

Francisco Conde, vicepresidente económico da Xunta, explicou na cámara os 108 proxectos que Galicia presenta como candidatura para conseguir parte dos fondos europeos de reconstrución. As prioridades son modernizar o tecido produtivo, a transición ecolóxica, a cohesión territorial e facer máis áxil a administración.

Francisco Conde acudiu ao Parlamento a petición do Grupo Popular e logo de que a oposición reclamase máis datos sobre eses 108 proxetos para captar fondos europeos. Pretenden mobilizar 9.400 millóns de euros, pero non saben aínda que criterios de repartimento vai utilizar o Gobeno de Pedro Sánchez.

Das 4 grandes prioridades, a primeira, de modernizacion empresarial, levará 32 proxetos, moitos relacionados coas empresas da automoción. Outros plans presentados teñen que ver coas novas tecnoloxías e co centro aeroespacial de Rozas.

A transición ecolóxica abrangue 33 proxectos, que inclúen o tratamento de residuos, a descarbonización ou as enerxías renovables. 27 proxectos están no terceiro capítulo, o da cohesión territorial, que busca reforzar o sistema de saúde, a atención a dependencia e o sector produtivo primario.

Coa modernización da Administración, que conta con 16 proxectos, pretenden ser máis áxiles e útiles aos cidadans.

Os grupos da oposicion cren que este relatorio foi pouco concreto e que non borra a improvisación e falta de transparencia dos últimos meses. Francisco Conde pediulles que non fagan só de opinadores e que presenten tamén eles propostas para a reactivación.

Noticias web

15/12/2020