CRTVG

Buscar

Galicia pide flexibilizar o regulamento de control da pesca para adaptalo ás distintas frotas

Publicado o 21/06/2021 15:04

Galicia quere flexibilizar o regulamento europeo de control da pesca para adaptalo ás distintas frotas. A conselleira do Mar avoga por flexibilizar as medidas que poden dificultar o traballo, como a instalación de cámaras a bordo, a xeolocalización ou o rexistro dixital das capturas.

Rosa Quintana levou estas propostas ao Consello Consultivo de Política Pesqueira, onde se debateu a nova normativa que van abordar a próxima semana os Ministros de Pesca da Unión Europea.

Noticias web

21/06/2021