Galicia permite as batidas de xabaril en case o 70 % do territorio
A caza sen límite de exemplares é a solución que desde hoxe pón en marcha a Consellería de Medio Ambiente para combater a elevaba poboación de xabarís. Ata febreiro de 2022 declárase a emerxencia cinexética en 198 concellos galegos, 87 na provincia de Ourense.
Os cazadores apuntan que non son profesionais e que a loita debe ser común entre agricultores, gandeiros e a administración. Nas batidas permitirase cazar femias adultas e crías pero cunha autorización especial.
En aldeas como esta de Esposende, en Ribadavia, a veciñanza di que xa está farta dos danos que causa o porco bravo nos seus cultivos.
Ademais o xabaril provoca unha media de 80 accidentes de tráfico ao mes só na provincia de Ourense. En 2019 foron máis 3.000 en toda Galicia.
Desde o sindicato Unións Agrarias critican que a solución quede en mans só da caza, piden que se elabore un censo da poboación para abordar o problema que causa esta especie no rural galego.