CRTVG

Buscar

Galicia pechará o ano con máis vivendas vendidas de segunda man desde 2004

Publicado o 25/10/2021 21:01

Unha vez estabilizada a emerxencia sanitaria, semella que a recuperación do sector inmobiliario en Galicia é unha realidade. Segundo o barómetro da Asociación Galega de Inmobiliarias, que analizou o terceiro trimestre de 2021, pecharemos o ano cunha marca na venda de vivendas de segunda man, máis de 20.000 unidades desde o 2004, ano en que o Ministerio de Fomento comezou a rexistrar os datos. Unha suba de case o 15 por cento con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Con estas cifras podemos afirmar que nunca antes se venderan tantos inmobles na nosa comunidade. A provincia con maior número de transaccións foi A Coruña, seguida de Pontevedra, Lugo e, por último, Ourense.

Noticias web

25/10/2021