CRTVG

Buscar

Galicia pecha o mes de xuño con 15 mortos en trece accidentes de tráfico

Publicado o 12/07/2021 19:54
Galicia pecha o mes de xuño con 15 mortos en trece accidentes de tráfico

A sinistralidade viaria aumentou en Galicia durante o mes de xuño. O mes pechou con 15 mortos en 13 accidentes de tráfico. Son 12 vítimas máis cós rexistrados no mesmo mes do ano pasado. Por provincias, o maior aumento corresponde á de Pontevedra, con 8 falecidos. En Lugo houbo catro mortos, dous na Coruña e 1 en Ourense. Entre xaneiro e xuño de 2021 faleceron 40 persoas nas estradas galegas.

Noticias web

12/07/2021