CRTVG

Buscar

Oito novas mortes elevan a 224 os falecidos en Galicia polo coronavirus

Publicado o 05/04/2020 21:21

Redúcense os contaxios en España e volve baixar a cifra de mortos ao día

• Galicia ten máis de 5.000 infectados, dos cales 587 xa recibiron a alta

 

A última hora, o Sergas confirmou o falecemento de oito persoas máis con coronavirus. Son tres varóns de 88, 74 e 72 anos que estaban ingresados no CHUAC; dous varóns de 89 e 73 ingresados, respectivamente, no CHOU e no hospital do Barco de Valdeorras; un varón de 86 ingresado no CHUS; unha muller de 90 anos ingresada en Povisa, e unha muller de 91 ingresada no CHUF. Todos con patoloxías previas. 

O día péchase con 18 falecidos en Galicia, logo de que pola mañá se contabilizase o falecemento de dez persoas, dúas nos hospitais de Lugo, Santiago e Vigo, e unha nos de Ourense e A Coruña. A elas había que engadir dous falecementos máis en residencias de anciáns.

No tocante á cifra de infectados, os últimos datos falan de 5.175 casos en Galicia, onde xa recibiron a alta 587 persoas. Do total de contaxiados, 169 están nas unidades de coidados intensivos, 893 hospitalizados en planta e 4.113 no seu domicilio. Por áreas, a máis castigada é a de Vigo, con 1.075 casos. A da Coruña reflicte cifras moi parellas con 1.058 infectados. 

Noticias web

05/04/2020