CRTVG

Buscar

Galicia ofrece estadías turísticas para mulleres con responsabilidades non compartidas

Publicado o 01/06/2021 16:35

Galicia ofrece estadías turísticas e de lecer para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. Terán preferencia as vítimas de violencia machista e as nais con discapacidade.

As 90 axudas poden solicitarse a partir deste martes. Son estadías de nove días en diferentes destinos da nosa comunidade, en réxime de pensión completa con traslados desde os seus lugares de residencia e con guías de tempo libre.

Noticias web

01/06/2021