Galicia ofertará 1.000 prazas máis de FP o vindeiro curso
Galicia ofertará 1.000 prazas máis e tres novos ciclos de Formación Profesional o vindeiro curso. A Xunta aposta por actualizar a oferta para responder ás necesidades do mercado laboral.
Unhas 56.000 persoas optaron o ano pasado por estudos de Formación Profesional, fronte ás 33.000 de hai dez anos. Un incremento dun 54 por cento que demostra que a FP é unha opción en auxe.
Por iso a oferta formativa medra en Galicia para o vindeiro curso, con 1.000 prazas máis e coa posta en marcha dos novos ciclos de instalacións deportivas, Guía en medio natural e tempo libre e Organización e control de obras de construción.
A oferta medra ademais grazas á posta en marcha de tres novos centros integrados de FP en Culleredo, Ferrol e Pontedeume. O 25 de xuño comezará o prazo de solicitude de prazas.