CRTVG

Buscar

Galicia non permitirá pasar a ESO e o bacharelato sen límite de suspensos

Publicado o 15/10/2020 15:56

No Congreso, o Goberno agarda validar hoxe o decreto lei que permitirá pasar a ESO e o bacharelato sen límite de suspensos. Defende que a aprendizaxe do alumnado se avalíe de xeito global, sen ter en conta o número de materias suspensas.

Pola súa banda, Galicia é unha das cinco comunidades que non vai aplicar esta medida. A Xunta considera que rebaixa a calidade da educación e vai en contra da igualdade do alumnado.

É unha opinión que comparte a comunidade educativa. Os docentes alertan de que se rebaixa o nivel de esixencia para o alumnado e que aumentará as desigualdades. E os pais que consideran que desprestixia a propia educación, o traballo de docentes e familias.

Din que é necesario un novo modelo de avaliación pero sen diminuír a esixencia ao alumno.

Ampas e sindicatos de ensino comparten, ademais, que esta decisión contradí a LOMCE, a actual lei de educación.

Noticias web

15/10/2020