CRTVG

Buscar

Os xubilados coas pensións máis baixas recibirán unha extra de 206 euros

Publicado o 12/12/2019 15:24

Luz verde ao complemento para as pensións non contributivas. Son 206 euros por beneficiario que se ingresan de oficio ás persoas que reúnen os requisitos.

O Goberno galego investirá case 8 millóns de euros en beneficiar 38.500 xubilados. O Consello da Xunta aproba tamén un plan para parados de longa duración maiores de 45 anos. É unha das medidas do acordo social pactado con sindicatos e empresarios. Destínanse 52 millóns a mellorar o mercado laboral galego. 

Primeiras medidas do diálogo social

Entre as primeiras medidas que quere poñer en marcha a Xunta está un plan de recualificación profesional para desempregados de longa duración maiores de 45 anos. Nos os 11 acordos do diálogo social tamén hai axudas de ata 7.500 euros para icentivar a contratación nas pequenas e medianas empresas ou para compensar salarios en caso de ERE. Alberto Núñez Feijóo destaca o consenso acadado en dous asuntos.

O obxectivo da Xunta, di o presidente, é que no primeiro semestre do 2020 estean en marcha as medidas do acordadas con sindicatos e empresarios.

Noticias web

12/12/2019