CRTVG

Buscar

Galicia lidera a vacinación coa pauta completa en España: o 42% da poboación está inmunizada

Publicado o 19/06/2021 17:39

Galicia encabeza a porcentaxe de vacinados da covid coa pauta completa, cun 42% da poboación diana coas dúas doses ou cunha de Jansen. Apuntábao este sábado o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, segundo se tira dos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade.

Un deles é o propio García Comesaña que se achegaba ao IFEVI a poñer a segunda dose. En cuestión de días chegarase ademais a unha cifra simbólica: o millón de vacinados.

A vindeira semana haberá un novo récord de inoculacións se chegan todas as doses previstas. A segunda dose é recibida con maior alegría se cabe.

Son 41.000 os galegos citados para recibir a súa dose nos distintos puntos de vacinación.

O conselleiro tamén pide prudencia polo que está pasando noutros países como Portugal ou o Reino Unido.

Noticias web

19/06/2021