CRTVG

Buscar

Galicia leva administradas máis dun millón e medio de vacinas

Publicado o 14/05/2021 16:25

A vacinación segue avanzando en Galicia. Este venres coñecemos datos moi esperanzadores para acadar unha maior porcentaxe de inmunidade. Galicia leva administradas máis dun millón e medio de vacinas. As campañas masivas desenvolvidas nos últimos días están a darlle un pulo importante ao proceso.

Case un 44 % da poboación maior de 16 anos ten, alomenos, unha dose posta e a metade desa porcentaxe, case un 22 %, xa ten a pauta completa, é dicir, máis de 500.000 persoas.

Noticias web

14/05/2021