CRTVG

Buscar

Galicia foi pioneira na fusión de concellos en democracia

Publicado o 20/10/2021 20:57

En concellos de menos de 5.000 habitantes, Galicia foi pioneira no estado español neste tipo de fusións municipais. Os concellos de Oza Cesuras, na Coruña, en 2013 e Cerdedo-Cotobade, en Pontevedra, en 2016 mostraron o camiño para este tipo de proxectos.

Os alcaldes dos novos concellos resultantes, como o de Cerdedo-Cotobade, subliñan as vantaxes que ten para a cidadanía sobre todo en contornos rurais o resultado destas fusións.

 

Noticias web

20/10/2021