CRTVG

Buscar

Galicia non volverá ver unha eclipse solar ata 2026

Publicado o 10/06/2021 15:26

Dende agosto de 2017 a nosa comunidade non puido volver gozar dunha eclipse solar parcial. Esta mañá, preto das 11, nas catro provincias foi visible este fenómeno astronómico no que a Lúa se sitúa por diante do sol. 

Para poder observar un fenomeno destas características é importante recordar que hai que empregar protección ocular, porque non facelo pode implicar riscos importantes.

Agora tocará esperar ata o 12 de agosto de 2026 para que Galicia poida volver gozar dunha eclipse solar que nesa data se agarda que sexa total. 

Noticias web

10/06/2021