CRTVG

Buscar

Galicia defende repetir con AstraZeneca na segunda dose para os menores de 60

Publicado o 29/05/2021 17:19

 

 

Galicia defende e aconsella o uso da vacina de AstraZeneca e garante que todos aqueles menores de sesenta anos vacinados nunha primeira dose con ela poderán poñer a segunda co mesmo preparado. Os dese grupo de menores de 60, en Galicia, teremos tamén a opción de escoller Pfizer. Con unha ou coa outra será necesario asinar un consentimento informado.

Galicia ten un remanente de doses de AstraZeneca e vai recibir na vindeira semana 70.000. Ademais, o Ministerio de Sanidade, segundo nos contan desde a Consellería de Sanidade, comprometeuse a enviar 200.000 máis. Onte mesmo, neste mesmo escenario, no IFEVI, vacinaron todo o día con Pfizer ou AtraZeneca, a escoller.

O conselleiro de Sanidade facía estas declaración xusto despois da súa vacinación. Con Pfizer, como escoitaron, porque no IFEVI hoxe estaban chamadas 5.000 persoas entre 51 e 59 anos para ser inoculadas exclusivamente con Pfizer.

Noticias web

29/05/2021