CRTVG

Buscar

Galicia está presente no Salón Gourmets de Madrid

Publicado o 08/04/2019 22:39

Galicia está moi presente no Salón Gourmets que se celebra en Madrid. É a maior feira de produtos delicatessen a nivel europeo, que supón un verdadeiro escaparate para as 50 empresas do agro e o mar que participan no evento. Durante os próximos tres días vanse celebrar concursos, xuntanzas de negocios e degustacións de produtos nesta sala, que foi bautizada como Galicia na mesa.

Viaxamos polo mundo a través dos aromas do café. É que algo está claro. No café hai todo un mundo por descubrir. Outra emoción tamén a podemos encontrar experimentando un novo corte na carne de vitela.

Tradición e innovación mestúranse percorrendo o Salón Gourmets na busca de produto galego. O salón permanerá aberto ata o xoves.









 

Noticias web

08/04/2019