CRTVG

Buscar

Galicia estuda como adaptar a lei Celaá no corpo de inspectores de Educación

Publicado o 25/11/2020 14:49

Galicia estuda como adaptar a Lomloe no corpo de inspectores de Educación. A nova lei suprime a proba de acceso por oposición, que se facía ata agora, e abre a porta a que se poidan elixir por méritos. O propio colectivo de inspectores custiona o cambio. Hoxe analizaron co conselleiro de Educación que se podería facer en Galicia para garantir a súa independencia.

"Preocúpanos, tamén lle preocupa ao corpo de inspectores, que esta escada poida ser seleccionada dun xeitro arbitarrio, en base a criterios políticos. Imos a escoitalos e imos ver que medidas adoptamos porque o que pretendemos, básicamente, é que siga sendo un corpo de elite", explicou Román Rodríguez antes da xuntanza.

Noticias web

25/11/2020