Galicia está por debaixo dos 1.000 casos activos por primeira vez en dous meses
Esta tarde faleceu por coronavirus unha muller de 52 anos que estaba ingresada en Povisa e tiña patoloxías previas. Con este último falecemento, as vítimas mortais causadas pola COVID-19 dende o inicio da pandemia en Galicia ascende a 609 (477 en atención hospitalaria e 132 no interior de residencias de maiores).
A ultima actualización do Sergas di que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, 73 menos que os comunicados onte, mercores.
A distribucion por áreas sanitarias e a seguiente:
- A Coruña ten activos 252 casos (-33)
- Lugo, 63 (-6)
- Ourense, 160 (-11)
- Pontevedra, 50 (-1)
- Vigo, 273 (-17)
- Santiago, 161 (-7)
- Ferrol, 31 (+2).
Do total de pacientes positivos, 13 (-3) permanecen en UCI, hospitalizados están 72 (-7) persoas e 905 (-63) no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 (+94).
O número de PCR realizadas en Galicia é de 130.424.