Galicia está entre as cinco comunidades que non reduciu o gasto social durante a pandemia
Publicado o 17/09/2021 15:53

Este venres coñeceuse que só houbo cinco comunidades en España que non recortaron o gasto social durante a pandemia, e unha delas foi Galicia.
No máis duro da epidemia, Galicia aumentou en 275 millóns de euros esta partida destinada a políticas sociais, tal e como recolle o informe da Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais. É un 3,8 por cento de incremento. No conxunto do Estado, en troques, o gasto destinado a servizos esenciais diminuíu de media un 2 por cento con respecto ao ano anterior.