CRTVG

Buscar

Galicia, entre as comunidades con menos 'ninis'

Publicado o 10/09/2019 16:18

O último informe da OCDE volve darlle un tirón de orellas a España. Incide na alta taxa de ninis, os mozos que nin estudan nin traballan. Porque hai un abismo educativo entre comunidades. Iso si, Galicia está entre as mellores.

As que máis porcentaxe de ninis teñen son as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Melilla o 30,7%. No caso das Illas Canarias, a porcentaxe tamén supera o 20%, en concreto, é do 21,4%.

Galicia está entre as dez mellores. Os que non estudan nin traballan son o 12,9%, e caeron con respecto a 2017.

Noticias web

10/09/2019