Galicia en Común pide apoio para o proxecto industrial de Vulcano
Publicado o 12/06/2020 15:09
Membros de Galicia en Común reuníronse esta mañá co comité de empresa de Vulcano para coñecer as necesidades deste estaleiro vigués.
Antón Gómez-Reino, candidato á presidencia da Xunta, apostou por potenciar a industria naval de Galicia.
Respecto a Vulcano, cre que a factoría ten futuro pero está a ser bloqueado pola Autoridade Portuaria de Vigo.