CRTVG

Buscar

A área de Santiago inoculará este xoves as primeiras mil doses aos menores de 29 anos

Publicado o 21/07/2021 22:48

A área sanitaria de Santiago de Compostela inoculará as primeiras mil doses da vacina aos menores de 29 anos. Será na Cidade da Cultura. Galicia comezará a vacinar a próxima semana o grupo de poboación de 20 a 29 anos unha vez terminada a de maiores de 40 anos e administrada a primeira dose aos de 30 a 39 anos.

Así o anunciou este mércores o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo na conferencia de prensa para informar das medidas adoptadas polo comité clínico na tarde deste martes. O Sergas comezará a vacinar a próxima semana os menores de 29 anos, pero o ritmo de chegada de doses en xullo e agosto, explica Feijóo, non abonda para inmunizar os máis novos, que son os que máis van sufrir as restricións, di.  "O problema principal é que non temos vacinas", lamentou.

O presidente galego afirma que a Xunta seguirá reclamando máis vacinas e critica as prevións de inmunidade que fixo o Goberno.

 

 

 

Noticias web

21/07/2021