Galicia e Portugal buscan xuntos novos usos para os produtos do sector forestal
Publicado o 24/11/2020 14:19
O sector forestal é unha fonte de riqueza do noso país que ademais compartimos co veciño Portugal. Hoxe presentáronse os resultados do proxecto transfronteirizo de I+D sobre este sector en que se investiron dous millóns e medio de euros e que revelan o interese das matogueiras e das podas de kiwis ou cepas para o seu uso como biomasa.
O vicepresidente económico destacou o compromiso da Xunta con impulsar este sector produtivo.