Galicia e O Porto reclaman a conexión por tren para impulsar a industria
Publicado o 11/12/2020 13:49
O presidente da Xunta e o da Cámara Municipal de Porto pídenlles aos Gobernos español e portugués que a conexión por tren da Eurorrexión, para impulsar a industria nesta zona.
Alberto Núñez Feijóo e Rui Moreira coincidiron en que se debe usar os fondos europeos da recuperación para impulsar unha infraestrutura ferroviaria que leva décadas de atraso.
Nun encontro organizado na Coruña coincidiron tamén en colaborar en materia turística e Rui Moreira ofreceu o apoio de Porto para promocionar o Xacobeo 2021.
O presidente da Xunta dixo tamén que é partidario de suprimir o imposto de patrimonio.