Galicia e Norte de Portugal sentan as bases da cooperación transfronteiriza poscovid
Portugal e Galicia crearán un protocolo específico para un peche temporal de fronteiras como o que sufrimos a pasada primavera. Un escenario que non se prevé nin se espera que volva acontecer, pero hai que estar preparados. A eurorrexión viuse seriamente afectada durante ese tempo de confinamento. A Xunta e a Rexión Norte de Portugal traballan xuntos para recuperar o tempo perdido.
Un protocolo que mellore a mobilidade dos traballadores transfronteirizos e dane o tecido económico o menos posible no caso de peche de fronteiras no futuro. Trátase dun “por se acaso” pero para o que hai que estar preparados. No Porto o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tivo o primeiro contacto cos novos interlocutores da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal. Xuntos sentaron hoxe as bases da cooperación transfronteiriza no escenario poscovid que nos espera, pero tamén se abordaron os diferentes plans de investimentos para a vindeira década na eurorrexión máis importante da Península.
“A partir de agora hai que ir co que marca Europa: Moitos proxectos de I+D, moitos proxectos relacionados co medio ambiente e proxectos que sabemos que van ter prioridade para captar fondos de Europa", di Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.
Aunando forzas pretenden captar o máximo de fondos europeos que axuden a vertebrar aínda máis o eixe Galicia-Norte de Portugal.