CRTVG

Buscar

Galicia é a terceira comunidade máis solicitada para pasar o verán

Publicado o 29/06/2021 17:22

É a lei da oferta e da demanda e o que buscan os turistas neste segundo verán da pandemia son destinos seguros e non moi lonxe da casa, por se acaso. De feito, Galicia figura como a terceira comunidade de toda España máis solicitada para os meses de verán, e iso permítelles aos propietarios abrir un pouco máis a boca.

"O máis caro que teño en mente é un piso que está en primeira liña por 5.000 euros, o mes de agosto completo", asegura Juan Manuel Rodríguez, propietario dunha inmobiliaria de Sanxenxo. 

Porén, segundo un informe elaborado por unha empresa de taxación, o alugueiro do piso turístico máis caro de toda España está na illa da Toxa e custa 2.800 euros cada semana. O informe sinala tamén que este ano os prezos para o verán subiron un 7,5 % respecto ao ano pasado.

Tamén nos hoteis notan o aumento da demanda. Segundo Gloria Gamallo, xefa de recepción nun hotel, atopar unha praza semella difícil. Só quedan días soltos, "longas estancias xa nada, fins de semana inviable. Estamos xullo e agosto case ao 100 %".

Baiona, Vigo e Oleiros tamén figuran entre os destinos máis demandados. Alí os prezos subiron un 10 % con respecto ao ano pasado.

Noticias web

29/06/2021