Galicia duplica a media estatal en número de probas
Publicado o 10/02/2021 17:02
As medidas están funcionando e as autoridades sanitarias insisten en que os cribados son unha ferramenta necesaria para frear a expansión do virus. En Galicia detectáronse 201 contaxios precozmente a través das probas.
Os cribados masivos incrementáronse nas últimas semanas ata o punto de que o número de probas realizadas en Galicia duplica a media estatal. A participación anda polo 66 por cento dos convocados, e neste de Lalín hai unha afluencia de case o 80 por cento.
Lalín mantén unha incidencia controlada, pero houbo unha lixeira suba nos contaxios, por iso puxeron en marcha un cribado masivo. Os casos da cepa británica pasaron de 16 notificados a semana pasada ata os 41 confirmados a día de hoxe.